Recórdovos que o autor do cómic A familia dos Pampin, é Anxo Prado. Hai varios exemplares do mesmo na biblioteca.
Álbum de banda deseñada arredor do feismo arquitectónico e do caos urbanístico en clave de humor. Desenvolvido no marco do Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Tivo dúas edicións, comercialmente en castelán, publicada por Norma Editorial, e mais unha edición no orixinal en galego, da Consellería de Política Territorial en colaboración co COAG. O Proxecto Terra levou o premio á mellor iniciativa galega a prol da banda deseñada 2004, que otorgan o Concello de Ourense e a Casa da Xuventude de Ourense.
Si queredes saber algo máis de Miguel Anxo Prado:
http://www.culturagalega.org/bd/autores_detalle.php?Cod_prsa=34&busca=Miguelanxo%20Prado
No hay comentarios:
Publicar un comentario